Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

O GEDA de Bergantiños recibe formación técnica sobre analítica de solos 28-10-2015

Co obxectivo de buscar solucións ás diferentes problemáticas coas que os horticultores se atopan nas súas explotacións agrarias,  e froito da colaboración entre o GDR Bergantiños e o Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa ao longo de todos estes anos, xurdiu o GEDA de Bergantiños (Grupo de Estudo e Desenvolvemento Agrario), que está en pleno funcionamento desde principios de ano.

Coñecedores de que a fertilidade do chan sobre o cal se desenvolven os cultivos afecta á produtividade hortícola, o GEDA reuniuse onte na EFA para a realización dun taller sobre a análise de solos. Os horticultores recibiron formación técnica relacionada cos efectos do exceso de materia orgánica no chan, tipo de abonos, nutrientes, fertilizantes adecuados para cada tipo de solo, extracción de mostras de terra e  interpretación de analíticas .

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org