Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

A horta local pasa a ocupar un primeiro plano na cociña 24-09-2015

Cando os produtos cos que se elaboran os pratos son de primeira calidade, nótase no resultado e iso foi o que constataron os asistentes - entre eles varios alcaldes e outros membros da Xunta Directiva do GDR Bergantiños - á 1ª degustación de produtos de horta organizada pola Asociación de Profesionais da Horta do Noroeste no Fórum de Carballo, onte pola tarde.

Os produtos locais de tempada foron os ingredientes esenciais das exquisitas propostas  de degustación elaboradas polos  chefs Adrián Felípez e Juan Mato.  Entre as especialidades con sabor a horta cabe destacar: o tomate con queixo e licor de leituga, a bomba de pataca fina con cabaza asada e mollo de pementos picantes, a espuma de allo porro con aceite de perexil ou o pastel de cabaza cacahuete, entre outros.

Este pode ser un primeiro paso para lograr un reto: que as hortalizas e verduras dos nosos agricultores ocupen un lugar destacado nas cartas dos restaurantes e deixen de ser só un mero acompañamento no prato.

Desde o GDR Bergantiños alentamos aos cociñeiros, agricultores e profesionais do sector a facer "forza" para darlle aos vexetais un maior empuxe na cociña.

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org