Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

O GDR Bergantiños estivo presente na “XXXV Festa da Pataca de Coristanco” 21-09-2015

Un ano máis estivemos compartindo espazo con produtores locais adheridos ao “Programa de dinamización do Sector Agrario-Horticultura” promovido polo noso GDR  e apoiando á iniciativa Leader de produción artesanal de pataca que presentaron a súa marca “Casa da Tulla, 100% pataca de Coristanco”.

A protagonista desta xornada que sen lugar a dúbidas foi a PATACA estivo acompañada por outros produtos de horta da Asociación de horticultores “O verxel galego” que serven a domicilio a produción recolleita directamente da horta e o Colectivo Xebre de produción ecolóxica.

Para delicia dos visitantes ofreceuse - ao longo de toda a xornada - unha degustación gastronómica de variedades tradicionais de tomates ecolóxicos e de marmeladas orgánicas elaboradas artesanalmente. A gran innovación e grata sorpresa para o padal foi unha marmelada agridoce de pemento feita por Loli Rodríguez, horticultura en ecolóxico de Coristanco e integrante do Colectivo Xebre.

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org