Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

Presenza na XXXV Festa da Pataca de Coristanco 18-09-2015

Buño, 18 de setembro de 2015.- O GDR Bergantiños apoia e promove o mercado de proximidade.
 
Este domingo - 20 de setembro de 2015 - o GDR Bergantiños estará presente na “XXXV Festa da Pataca de Coristanco” cunha caseta compartida con produtores locais adheridos ao “Programa de dinamización do Sector Agrario-Horticultura” promovido polo Grupo ao longo deste ano. Así mesmo, terán presenza e apoio outras iniciativas locais ligadas ao programa LEADER Bergantiños.

Na caseta promocionaranse a pataca fina de Carballo e outras variedades tradicionais de horta recuperadas a través do Proxecto de Cooperación Novos Horizontes - finalizado en 2013 - a través do cal se asentaron as bases para a creación de alianzas entre os produtores da zona, dando lugar ao nacemento de varios colectivos relacionados coa horta e a produción ecolóxica.

O espazo será punto de exposición e  venda, de tal maneira que calquera visitante poderá adquirir  produtos locais, frescos, de tempada e de excelente calidade.

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org