Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

Xornada de podadura en verde en árbores froiteiras 29-07-2015

O GDR Bergantiños promove a produción de froita como unha oportunidade para a diversificación da economía dos horticultores da comarca.

Completando o ciclo de poda de inverno, clausurado o pasado mes de marzo de 2015, o GDR  organizou, durante a tarde de hoxe, un taller complementario sobre a podadura en verde en froiteiras, co obxecto de facilitar a aprendizaxe na tecnoloxía de produción e - en particular- na condución e poda das árbores froiteiras ao longo de todo o ano.

A transferencia do know-how estivo dirixida polo profesional Jesús Recarey Traba, quen destacou a importancia da poda de verán para fortalecer as plantas e eliminar os talos que lle están restando vigorosidade. Esta práctica - pouco estendida entre os produtores - é clave para complementar a poda de inverno, dado que ademais dos beneficios que xera a nivel de frutificación das árbores permite prolongar a vida útil da horta.

Os asistentes, entre os que se atopaban o Alcalde de Ponteceso D.Xosé Lois García Carballido, ademais doutros membros da Directiva do GDR, roldaron a trintena de persoas e participaron activamente expondo problemáticas coas que se atopan nas súas hortas e que o técnico foi resolvendo ao longo do taller.

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org