Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

1. Que tipo de proxectos se poden presentar?

Os proxectos que se poden presentar polos solicitantes/promotores son de dous tipos:

• Investimentos de carácter produtivo
• Investimentos de carácter non produtivo

Os produtivos, son os proxectos que aspiren a favorecer unha actividade de lucro, aínda que futura (por exemplo, porque non dá beneficios a curto prazo), para o promotor ou emprendedor deste. Normalmente este proxectos serán desenvoltos por pequenas ou medianas empresas, ou incluso por profesionais que desexen iniciar unha actividade emprendedora. Estes proxectos caracterízanse porque tenden a proporcionar unha autosuficiencia económico-financeira a longo prazo.

Os non produtivos, son proxectos que non pretender iniciar ou desenvolver unha actividade económica, senón que normalmente serán proxectos de interese público cuxa finalidade última non sexa a de obter un beneficio económico senón social.
Incluso cando esteamos ante iniciativas de interese público, poden constituír ou estar afectas a unha actividade económica, sempre que non incidan sobre o réxime da competencia no territorio de que se trate.

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org