Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

2. Antes de presentar a solicitude de axuda

Co obxetivo de facilitar a presentación dos proxectos, de maneira que sexan un instrumento válido para a valoración dos mesmos, establecéronse modelos normalizados que se deberán acompañar á solicitude. A relación de documentos que segue, pretende organizar aqueles aspectos máis importantes á hora de presentar un proxecto. Non se trata dunha lista taxativa e será necesario presentar toda a documentación que se estableza na normativa do procedemento de concesión de axudas.

Plan de Empresa (Proxectos productivos)

Todo proxecto nace entorno a unha idea. Antes de iniciar calquera actuación, é necesario plasmar estas ideas nun documento escrito, que nos sirva de ferramenta para a toma de decisións e para avaliar a súa viabilidade, así como, de instrumento para a súa presentación ante terceiras persoas, sexan institucionais ou privadas.

O plan de empresa é un documento escrito no que se reflicten os aspectos máis relevantes dunha idea empresarial. Contén unha parte descriptiva, na que se desenvolve a idea de negocio, e outra analítica, na que se avalía a viabilidade do proxecto. O plan de empresa é un documento de trascendental importancia, xa que segundo o seu contido, a valoración do proxecto será diferente e polo tanto o grado de intensidade da axuda tamén. A información que conteña debe ser:

Eficaz: debe conter, nada máis e nada menos, todo o necesario para a presentación do proxecto. Para eso, únicamente hai que cubrir os puntos que se indican nos documentos anexos desta páxina.

Comprensible: debe estar escrito con claridade, con vocabulario preciso e evitando xerga ou conceptos moi técnicos. As cifras e táboas que se inclúan deben ser simples e de fácil comprensión.

Realista: os datos que se inclúan no plan, deberán reflectir rigurosamente a realidade do proxecto. A inclusión de datos falsos ou incertos non suporá un incremento da ayuda e poderá ser motivo de denegación ou revocación desta.

A continuación podemos descargar o modelo normalizado de plan de empresa, o documento resume dos contidos mínimos que deben figurar no plan de empresa e unha guía de plan de empresa publicado por Agader.

Plan de Xestión (proxectos non productivos)

A finalidade dos proxectos non productivos é distinta da dos productivos, mentres que estes perseguen un beneficio económico os primeiros perseguen un beneficio social; é por isto, que ainda que o plan de xestión presenta similitudes co plan de empresa, ambos son distintos.

A continuación adxuntamos un documento que pretende servir de guía para aquelas entidades que queiran presentar un proxecto non productivo.

Sen dúbida a elaboración do plan de xestión é o aspecto máis importante á hora de presentar un proxecto non productivo, xa que será a base para que o GDR o valore.

Declaración de outras axudas concedidas e/ou solicitadas.

As axudas concedidas ao amparo do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) son incompatibles con respecto a outras axudas procedentes dos instrumentos financeiros da Comunidade Europea, polo que é necesaria unha coordinación coas intervencións desenvolvidas nos seguintes fondos:

·FEP: Fondo Europeo de Pesca
·FEDER: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
·FSE: Fondo Social Europeo
·FC: Fondo de Cohesión

É por iso que o FEADER establece que non poderán recibirse axudas doutros instrumentos comunitarios para sufragar os gastos cofinanciados polo FEADER.

Os beneficiarios de axudas para a execución de proxectos ao amparo do programa Leader 2007-2013, poderán solicitar outras axudas complementarias, xa sexan nacionais, rexionais ou locais, cando se cumplan os seguintes requisitos:

a) O importe total acumulado das axudas non poderá exceder do coste da actividade subvencionada.
b) O importe total das axudas públicas non poderá exceder dos límites máximos previstos na normativa de axudas de Estado da Unión Europea.

Se a suma total das axudas percibidas para un mesmo proxecto supera os límites mencionados, aminorarase a axuda concedida, previa resolución do órgano concedente.

Orzamento detallado dos gastos necesarios para a execución do proxecto.

É necesario acompañar a solicitude co detalle de todas as partidas de gastos especificando importe con ive e sen ive segundo o modelo que aparece nesta páxina.

Relación de ofertas solicitadas e elexidas

Para cada gasto superior a 12.000 euros no caso de suministro de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica e de 30.000 euros no suposto de obra civil, débese cubrir o modelo da relación de ofertas solicitadas e elexidas.

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org