Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

Criterios de concesión

Xerais

· Estar localizados na Comarca de Bergantiños.
· Ser viables técnica, económica e financeiramente.
· Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
· Ser finalista, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos.
· Ter carácter innovador, entendendo innovación non só como innovación tecnolóxica, senón como a exploración de novos xeitos de enfrontarse aos retos de cada territorio.
· Que o investimento para o cal se solicita a axuda non estea iniciado.

Beneficiario

Poderán ter a condición de beneficiarios:
- As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
- As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
- As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Ademais deberase estar o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia e cumprir os demais requisitos establecidos no punto II da parte A do Réxime de Axudas.

Tipoloxía dos Proxectos

Os proxectos subvencionables han de enmarcarse dentro dalgunha das seguintes medidas recollidas nas fichas de elixibilidade que figuran na parte B do Réxime de Axudas:

411.- DINAMIZACIÓN DO SECTOR AGRARIO E FORESTAL
1.- Investimentos no sector agrario.-
2.- Aumento do valor económico dos montes.-
3.- Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais.-
4.- Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no sector agrario, alimentario e forestal.-

412.- MELLORA AMBIENTAL E DO CONTORNO RURAL

1.- Investimentos non produtivos en explotacións agrarias.-
2.- Investimentos non produtivos en espazos forestais.-
3.- Investimentos non produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no contorno rural.-

413.- DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE E VIDA
1.- Diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias.- Proxectos que impliquen o inicio ou mellora dunha actividade produtiva complementaria da propia actividade agraria que se desenvolva na explotación agraria.-
2.- Creación, ampliación e modernización de PEMES, en sectores da economía distintos ao da produción agraria primaria.-
3.- Fomento de actividades turísticas.-
4.- Servizos para a economía e a poboación rural.-
5.- Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do patrimonio rural.-
6.- Formación vinculada a proxectos de investimento material promovidos no marco da medida 413.-

Gasto

Os gastos subvencionables están especificados en cada ficha de elixibilidade ademais dos establecidos con carácter xeral no punto III da parte A do Réxime de Axudas.

Limitación Sectorial

Dentro da liberdade de promover proxectos encadrados nas medidas anteditas, de cara a evitar diverxencias entre as actuacións incentivadas dende distintas administracións públicas e para buscar a maior complementariedade posible entre elas. Nalgúns sectores establécense limitacións que veñen reguladas na parte C do Réxime de Axudas.

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org